martes, 1 de noviembre de 2011

o diario de un acuario

O meu acuario en 2009
1  

UNHA AFICION DIFICIL.

 Empecei  en esta afición  con 20 anos ,ignorando o que me iba a enganchar de esta maneira.
  Un amigo queríase desfacer do seu tanque por arranxos na súa casa e deixouna na miña casa ,tiña POECILIA reticulata XIPHOPHORUS maculatus e XIPHOPHORUS helleri. En principio non me chamou moito a atención. Cos días foime gustando o ambiente que creaba na miña alcoba. Vendeu o acuario, e quedoume un oco no cuarto, que non tardei en encher con un tanque propio  de 60 L. Enchín o acuario de aréa, de pedras ,de plantas, e por suposto de peixes,por suposto morreron en poucos días, co desgusto que pasei, tardei un tempo en volver a votar peixes. Sen saber que ese mesmo tempo estivo madurando a agua vital pra ,eles.
                Tiven neonsplatyscomealgas,etc... E así empezou a miña afición.

.CAPITULO  1     

Chámome José Manuel Fontán Ventura, este é o meu segundo intento comecei no ano 2005 no mes de diciembre no acuario que truxen de Galicia porque xa podía dispor de un pouco tempo para as miñas aficións. Empecei por madurar o tanque, comprei estes peixes:
melanotaenia praecox
2Melanotaenia praecox M.e F.
3 Melanotaenia lacustris.
4Melanotaenia boesemanii.
2 Macropodus opercularis M.e F.
4Microgeofagus ramirezii.
2 Pelvicachromis pulcher.

                                     BAJAS    12-2005

Macropodus opercularis M.—Hidropesia.
Microgeofagus ramirezi M. –Agresividad
2 Microgeofagus ramirezi F.—Hidropesia.
Melanotaenia praecox.—ataques de outros peixes.
Melanotaenia boesemanii .F.-- ¿?--  Ignoro causas.
 Melanotaenia boesemanii M.—Agresividad.
                  

      Xaneiro 2007

12-Pelvicachromis pulcher da parexa.
4-Poecilia reticulata M.(laranxa lume)
4-poecilia reticulata F.
      Febreiro 2006
   ALTAS
Microgeofagus ramirezii ,2M,2F –4u.
Melanotaenia praecox,-1 
      BAIXAS.
6 Pelvicachromis pulcher.
1 Macropodus opercularis.
Cambio de casa         molino
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    

  NADAL  2006.

Fixen un tanque de 800 l.de capacidade.
1—empecei a encher o tanque despois de moitos contratempos.
5—introduzo 22 Tanichthys albonubes en 100 l. de agua.
7—introduxen os demais peixes:
   1-Ancistrus sp.
   2-Melanotaenia lacustris.
   2-Melanotaenia boesemanii M.
   2-Melanotaenia boesemanii F.s
ctenopoma kingsleyae.
   1-Ctenopoma kingsleyae.
   1-Poecilia reticulata F.
   68-Pelvicachromis pulcher,incluíndo a parexa orixinal.
10—Acabei de encher o acuario.P.h.8;K.h.11;No2.0,03.
12—Introdución de :
4-Poecilia reticulata.
3-Gambitas.
2-Poecilia velifera x latipinnia
2-Xiphophorus maculatus.
14—Non vexo as gambiñas ,estase enturbando o auga do acuario
16—Unha guppy tivo crías,contei hasta nove.
18—Compra e introdución:
  2-Melanotaenia praecox.
1-Melanotaenia fluviatilis.
2-Macropodus opercularis.
5-Hassemania nana.
5-Paracheirodon innesi.
Observacións:
  Nin rastro das gambiñas.
27—Un pelvicachromis morto e outro no acuario baleiro.
28—Intrdución de 5 Paracheirodon innesi,unha Vallisneria gigantea.
 Selaginella morta.
29—Parexa de P.pulcher ten crías.
30—Punto branco.
Molli M.morreu o saltar do acuario.
Condicións do equipo do acuario.
Iluminación artificial de8h. a11h. e de18h.ate22h.
2 halóxenos de 500 W. 1000W. en total.
700 l. de auga
Resistencias de :
¨{150W.
75W.
150W.} en total 375W.
3 bombas de auga de:15W.,en total 45W.
1 bomba de aire 30W.

MAXIMO CONSUMO ELETRICO:1000w.+375+45+30
       1450W.
Necesito reducir consumo.
   PLANTAS VIVAS
1Spathifillium
2 Ceratopteris cornuta
1 Scirpus eleocharis
1Acorus gramínea
Cabombas
1Echinodorus cordiflorus
Egeria densa
Vallisneria gigantea.

Analítica do mes de Nadal
1--P.h.8;  K.h.12º;  NO2. 0,02.
Añadin Bactozim
2—P.h.8 ;D.h.10º; K.h.12º; No2. 0,001
Añadin 50l. de auga destilada. 
19—P.h.7,8 ; D.h.10º; K.h.11º; No2.0,00
21—Añadin Bactozim.
25—Añadin 100l. de auga destilada
27—P.H.7,5;K.h.10º; No2. 0,00.
Añadin acondicionador,balance da auga,puntol,e general tonic..
XANEIRO 2007:
1—5 neons ,5H.nana,5 Hyphesobrycon serpae,
2—2 Ancistrus sp.
1 neon morreu
5—Punto branco.
7—Neons mortos violentamente
9—parexa de poecilia velifera x latipinnia.
11—fun me de vacacións.
12—molly M.desaparecido
16—Introduxen pedras do río e outros cambios ,Lenma minor ,Fontinalis e area.
17—vexo femia de P.pulcher con exoftalmía.
20—femia de gupy morta non vexo o macho.
24—Morte masiva de tódolos peixes por levaduras do vinagre.
25—Cloro para limpa-lo acuario. Soamente sobreviviron dous peixes.
27—Ctenopoma e Ancistrus están ben.
Ctenopoma kingsleyae 

FEBREIRO 2007:

10—Ancistrus e Ctenopoma kingsleyae únicos peixes do acuario están en perfecto estado.
Teño a intención de plantar o acuario en canto a economía mo permita.
22—Comprei 2 discos ,2 escalares 2 xoias. Os escalares están moi febles. A ver se pasan a noite.
24—Comprei o filtro Eheim 2017http://www.eheim.de/
25—Intento baixar o P.h.
26—Agua contaminada. morre un disco. Cambio de auga. introdución de plantas novas.
27—agua limpa ,volveu a subir o P.h.
28—P.h. regulado.

  MARZO 2007

Hemichromis bimaculatus

4—Hemichromis realizaron a primeira posta. O P.h.mantense a 6,8º. Hoxe non hai rastro do punto branco
6—Comprei un Pelvicachromis pulcher e pedinlle a Loles unha femia das que lle-
- dera. Naceron os Hemichromis. Os pais lévanas dunha poza a outra que fixeron previamente,co a boca.Defenden a posta enconadamente
7—vou a realizar cambios de auga por auga de osmoses.
12—P.h.6´5; K.h.1º; N.O.3.0´01.
Introducín un disco cobalto. Metín tamén 3 Echinodorus sp.?.
Non vexo nin rastro dos alevíns dos Hemichromis.os escalares persigen -se
16—Decidin pór lles nomes os peixes.
Ancistrus: cucufato.
Hemichromis M.: Joya
Hemichromis F.: Bibiyu
Escalar gris: Javi
Escalar branco.: Alba
Simphysodon cobalto.: Cede.
Simphysodon  marrón.: Pocoyo
Pelvicachromis M.: Yoel
Pelvicachromis F.: Antía
19— Bibiyu e joya 2ªposta
21— Xa naceron os fillos de joya e de bibiyu ,lévanos na boca dunha poza a outra.
26—Fun a serra por alimento vivo. Pulgas de auga e, comprei dous discos mais


ABRIL  2007:

2—Comprei  4 discos (SYMPHYSODON haraldi) mais . xa non me quedan alevins  de HEMICHROMIS ,que por certo dobraron  o seu tamaño dende que os adquirín.
3—Hemichromis terceira posta de ovos . limpeza do filtro,vexo mui turbia a auga                        
4—Vexo punto branco nos discos novos. Trateinos con SERA COSTAPUR . vólvenme os problemas
5—Yoel e Antía sacan a diante a súa posta. Contei 24 alevíns . Os discos sigen co punto branco¿?ou é oodinium. Sabereino nas próximas horas.
7—Ultimo tratamento do punto branco. Os peixes teñen os ollos como opacos . os pelvicachromis soo lle quedan 7 alevíns. Os Hemichromis van cos alevíns de focha en focha . .P.h6´5; K.h.0´5; No3 0´0. Parece cos discos x xa están sans.
18—Os Hemichromis parece que onte fixeron outra posta. Pois hoxe estou vendo os ovos dentro dun coco. Sóo vin 4 alevíns de Pelvicachromis. Os discos están ben, o Ctenopoma estase a recuperar das súas feridas
19—Naceu o meu fillo Brais e descoidei o acuario .
20—Naceron os Hemichromis
27—Os Escalares puxeron ovos ¿terei sorte e sacaran os pequenos?
29—A posta dos escalares e infértil e descuidaronna .


                                           MAIO     2007

2-- Comprei unha parella mai de Pelvicachromis ,o introducilos os residentes acosábanos sen parar.
Teño que medir os parámetros químicos:
P.h 6´5 ; K.h.0´0; No2 0´0; G.h.20º
5—os escalares teñen a segunda posta .
9—Nin rastro dos ovos dos escalares, eles mesmos comen a posta. Po certo os pelvicachromis fixeron cambio de parella. Breogán e Antía apropiáronse da casa de barro.as ultimas crías dos Hemicromis están ben e medrando a bo ritmo.
12—Pelvicachromis M. Yoel faleceu .estan-no devorando os caracois.
15—cambio de auga parcial.
P.h6º ; K.h. 0º ;d.G .h.12º; N.o2 0´1º
28-- Os hemichromis fixeron outra posta. Hoxe boteille follas secas a auga . observo que os discos non están ben. A auga seta chea de algas.
29—Eclosionaron os ovos dos Hemichromis.Acuario esta cheo de caracois. Teño que tratalo.

                                              XUÑO 2007

4—Introducin 2 Botia macracantha. Coloquei no filtro resinas absorbentes,veremos si se clarifica a agoa.
14—Os Hemichromis sacaron a diante a súa posta. Os escalares comeron a súa.detecto a desaparición dun Ancistrus . creo que os Pelvicachromis puxeron
17—PARÁMETROS QUÍMICOS
P.h. 6´5; N.o2. 0´05; G.h.12º; K.h. 1º
O disco CD non come. Observo que a agoa mantense nos seus parámetros . teño que baixarlle a dureza e eliminar os nitritos. A agoa segue turbia . non quedan restos dos Hemichromis recen nados. Creo que Breogan ten exoftalmía .
18— Comprei 2 Ancistrus e 2 Trichogaster leerii. Limpei a resina . tratei a agoa con turbo clear e aquatan.
25—Comprei 2 Pantodon bucholzii,2 escalares mais e un par de Ancistrus,porque mirei que un dos anteriores foi devorado
28—Tratamiento para o punto branco.

                     XULIO 2007:

 1-- Vaciei un 50% do acuario
4--.  Enchín 100L.con agoa destilada . Dispararón-se  os NO2 a 0´1mg.L. Morreu Breogan.
5—Vin a Cucufato e a outros dous  Ancistrus      .  Cede esta esquelético .
7-. P:h 5º—NO2 0´005—G.h.8º. Posiblemente teña o P.h.moi baixo , terei que subilo a 6º . fáltanme por encher,200L.
10-. morreu un Pantodon. Case enchín o acuario

15-Sen novidades.
18- P.h. 6º; NO2 0´3mg. L.; NH3 1´2 mg. L.: G.h. 6º; K.h. 1º.
23- Morreu unha cría de Pelvicachromis, van dúas baixas.
Comprei un Ancistrus,e un Panaque nigrolineatus L.027-,

        Ancistrus spp.

                        AGOSTO 2007

6- Fixen un tratamento no acuario con General Tonic de Tetra.
Comprei un par de Gyrinocheilus aymonieri. Foron perseguidos inmediatamente po los Hemichromis . A parexa alfa volve a ter crías en danza.
Case que non se ve o Panaque.
13- Comprei EFFI Sustrat EHEIM e zeolitas ,carbón activado medirei os parámetros en          vintecatro horas. Añadinlle agoa de chuvia que recollín fai 4 días.
P.h.6º; G.h. 3´36º; NO2.0´1.
16- Pantodon bucholzi saíu da urna posiblemente de madrugada.

Hemichromis lifalii
20-Comprei neons azuis ,cardenales,negros e          borrachitos. Foron dezmados po los Hemichromis. Capturei dezasete Hemichromis e ceibeinos no barranco del agua . Agora e cousa da natureza as súas vidas.----------------------------------------------------
      .

                 SETEMBRO 2007.

3—PARÁMETROS QUÍMICOS:
P.h.6´4; NH3. 0; NO2  0´01; K.h. 0º; G:h.0´54dHº ; TEMP. 30´5ºC.
Quedan me tres Hemigramus bleheri,seis Hyphessobrycon axelrodii y un Paracheirodon innesii en moi malas condicións físicas.
Comprei 4 Hemigramus rodhostomus e 6 Hyphessobrycon pulchripinnis.
5- Añadin follas secas o acuario.
6- Morte de dous discos,Brais e Rojo.
7- Morte das dúas Botias e do Panaque,crías dos Pelvicachromis,dous neons negros e catro borrachiños.
NO2 alto1´8mg.L.
8- Pusen a lavar a resina purigen de seachem
26- P.h. 5´8º;  NO2. 0´01 ; K.h. 0 ; G.h.4´48 ;NH3 0´01.-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
                                                                                                              

                OUTUBRO 2007

3-.Onte morreu o pelvicachromis macho que me quedaba.
Medín os parámetros e son os seguintes;P.h 5´5; NO2. 0´1; NH3 . 0´0.;K.h. 0´05; G.h. 9;.
A causa pode ser o P.h. Tan baixo.
6-Inicio tratamento contra a hexamita,vaciei o acuario  hasta os trescentos litros e trateino conHEXA-EX 2 amino 5nitrothiazol. O tratamento dura 15 días.
30- Cambio de casa  . rompeuse o acuario.                                                                                                

                    NOVENBRO 2007.

1-Estamos na rúa atleta A. Amorós . Teño os peixes no acuario pequeno. Engadín comida conxelada . Contaminación orgánica.
2-Morte de escalares , discos,e pelvicachromis.
10-comprei unha parexa de Pelvicachromis. Estou desmontándoo acuario grande para reparalo.
18 -Parámetros:
P.h.6´8º; K.h 2º ; NH.30´01 ;NO2.0´03 ;G.h. 13º;.-

              NADAL 2007.

7- P.h. 6´8º; K.h. 4º; G.h. 10º; NH3 1´6; NO2 00.                                                                                                                   
Resulta curioso ver amoníaco na agoa e non  nitritos. Os peixes están ben. Crispín ten como feridas por debaixo das escamas e semella que enfraquece.

                                              
26- nin rastro dos Otocinclus, a agoa esta verde . sigo mirando como se rascan os peixes.
Herycthis carpintis
Os Herycthis carpintis peleanse coma  se foxen machos.                                                                                        -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                      ANO 2008

                                                               XANEIRO 2008.

14- Merquei dous machos de Melanotaenia praecox .
15- PARÁMETROS DA AGOA:
P.h.6´8; K.h 3º; G.h.7´28; NO2.0´3mg.L.
Neolamprologus brichardi

21- Merquei 7 Neolamprologus brichardii.
         27- PARÁMETROS : P.h. 7´2º; K.h.6º; G.h.10; NO2. 0;NH3 0;
29- Un Hemichromis,comeu un Neolanprologus
                                                FEBREIRO 2008.
7- Avariouse un tubo fluorescente.
10- Arranxei a iluminación . Limpei o filtro . Quitei a resina ,esta roxa,e a lixivia non e moi eficaz .
12-Coloquei a resina . Conseguín unha parexa de Thorycthis meeckii e unha parexa de Archocentrus nigrofasciatum.

                                                               MARZO 2008.

5- P.h.7´9º; NO2. 0´1; NH4.0´01; NH3. 00´82; K.h.100mg.L.; G.h.360mg.L. 20´16d.G.h. 7´2mEq/L.  25´2     Clark Hº. 36ºfHº.
Agoa de billa ten 223mg.L. De SO4. E 181´30mg.L.de Ca.
10- Merquei dous Thorycthis meeckii 2 molly velifera ,2 Pelvicachromis pulcher e 2 botia.
18- Teño corenta peixes.:
Ctenopoma kingsleyae ; 1
Hyphessobrycon pulchripinnis
Hyphesobrycon pulchripinnis.2.
Hyphesobrycon serpae 2
Trichogaster leeri 2.
Archocentrus nigrofasciatum 2.
Hemichromis lifalii 8 .
Poecilia velifera 3.
Botia macracantha 3.
Ancistrus spp. 4
Pelvicachromis pulcher .4.
Neolamprologus brichardii 6.
25- Retirei a decoración do acuario . Falta dous Pelvicachromis,reconto 38 peixes.
30- Cambio de agoa parcial
31-Colquei toros no acuario pra que se inchen. Trouxen lles cabezóns para comer

                                                                                                                          ABRIL 2008.

 1- Comprei 5 Haplochromis moorii ¿?. Son amarelos pero o medrar o parecer serán azuis .
2- Morreron un molly e un Thorycthis.
9- Fixen o traslado o acuario grande agora a ver como se adaptan

                                                                                                                CAPITULO  2

Preparo o acuario para ciclidos africanos:

                                                                              ABRIL  2008.

14- PARÁMETROS QUÍMICOS DA AGOA.:
P.h. 8º ;K.h. 190 mg.L.; d.G.h. 28º ; NH3. 0´6 ; NO2. 0´1.
16- morreume unha femia de Pelvicachromis pulcher de exoftalmía,un Thorycthis meekii por peleas violentas. Nivel de nitritos 0´1.
Preocúpame a perdida de tantos exemplares o longo do ano ,uns por erros meus  outros   por non sei que causas e estame custando ben caro todo. Onte pusenlle unha pantalla de iluminación.
Están espectaculares
22- merquei 6 Melanochromis auratus,2 Labidochromis caeruleos e 2 Cyrtocara moori. Penso que os moori que merquei o dia 1 son Aulunocara  “gold”
25- Os nigrofasciatum teñen alevin . Nitritos 0.
28- Nin rastro das crías dos Archocentrus onte limpei o filtro. Merquei 4 Cyrtocara moorii ,6 Labidochromis caeruleos e 2 Aulunocara.

                                                                  MAIO 2008.

4- Onte cambio de agoa parcial .
Faltan me 2 Labidochromis, 1 Aulunocara, e 1 Botia.
                      PARÁMETROS :
 NH3 0´6 NO2 0´1-P.h. 8´2-K.h 210mg.L.- dG. h.26º
8- Apareceu morto un Botia soó me quedan dous .
12 – Cambio parcial de agoa . Plantei nenúfares do xénero Nimphaea .
13-. Estou asombrado po lo rápido crecemento dos nenúfares . Merquei 3 Poecilia velifera ? , e tres Gyrinocheilus aymonierii .
16- Os A. Nigrofasciatus sacaron a luz as crías e unha parexa de Hemichromis observei que os H. Están protexendo os alevins en grupo 4 adultos .
26- . Non hai nin rastro dos alevins dos Hemichromis . Os nigrofasciatus seguen adiante coa súa prole. Onte cambiei o 50% da agoa do acuario.

                                                                                                XUÑO 2008 .

1- . Cambio parcial da agoa .vou a medir os parámetros . Segue todo sen novedad.
P.h. 8º – K.h. 180 mg.L.-G.h. 480 mg,L. 26´88º – NH3 0´001 -NO2. 0´0.-
Notei un forte descenso do K.h. Dende 210 no mes anterior a 180 agora
reconto de peixes. 1 Ctenopoma kingsleyae,2 Botia macracantha , Archocentrus nigrofasciatus 2 e as súas crías , 1 haplochromis fenestratus, 4 Auluncara gold, 4 Ancistrus, 2 Hyphessobrycon serpae , 1 Hyphessobrycon pulchripinnis , 5 Melanochromis auratus, 6 Neolamprologus brichardii , 7 Labidochromis caeruleos , 6 Cyrtocara moorii , 8 hemichromis lifalii , 5 Poecilia velifera x esphenops , 2 Trychogaster leerii. En total 56 peixes ..
De plantas teño 4 nenúfares,11 cabombas,1 higrófila salicifolia, 2 microsorium pteropus , pistia stratoides ,eichornia crassipeps , salvinia natans .
2-  Apareceu morto fora da agoa un Neolamprologus . Unha parexa de Hemichromis ten crías . Introduxen unha parexa de Herycthis carpintis .
4- merquei 4 Hyphessobrycon serpae , 20 Hyphessobrycon pulchripinnis , 20  Hassemania nanna , 3 Gyrinocheilus aymonierii en total 47 peixiños . O ceibalos no acuario comeronse uns cantos . En total levo gastado xa en peixes 1100 euros ¡unha barbaridad!. Teño que deixar de comprar peixes e outras cousas.¡ Xa esta ben!  Teño o acuario superpoboado.
8- . Cambio parcial de agoa 80% . Cando entrou Loly díxome que cheiraba mal e eu non me daba conta . Cheiraba a sulfuro .
22- . Cambio de agoa ,porque estaba moi turbia . Pensei que Yoel lle votara algo a agoa ,pero non ,os peixes sacaron a area que cubría as macetas dos nenúfares. Fai unha semana floreceu un . Constatei que hai dous caranquexos de río vivos Procambarus clarkii. P.h. 8´2

                                                               Procambarus clarkii.

                                                                                                           XULLO 2008 .

6- Cambio parcial de agoa . Berto regaloume dous Hippostomus plecostomus son bastante grandes , díxome que tiñan 3 anos.
13- Cambio parcial de agua.
14--. voume de vacacións P.H. 8´2º -NO2 0´1 .
28-  Regresei das vacacións ,vai todo ben NO2 0´1mg.L. Trouxen o motor vello FLUVAL 403  que ten 20 anos funcionando adapteino e tira un montón . Rompeume o eixo do EHEIM 2017 e fun a compralo.
29- Merquei outro Aulunocara ¿ jacobfreibergii?. Falta un Botia.


                                                                        Scyanochromis ahli.

                                                                                                                             AGOSTO 2008.

3- Cambio parcial de agoa . Pusen carbón activo . Falta unha Molly negra . Morreu un caranquexo pequeno . Soó miro 4 Neolamprologus . Creo que algúns peixes están incubando bucalmente.
10- cambio de agoa parcial .
17- cambio parcial de agoa do 90% .  Os peixes rascábanse demasiado.
Aulunocara gold
18- vexo unha parexa de caranquexos apareándose. Vou realizar un cambio de horario luminoso. Non vexo os poecilia latipinna . Fáltame un carpintis. Terei que revisar as baixas . Hai 5 Neolamprologus   . vin crías de Melanochromis auratus.  E un Aulunocara albino.
25- Comprei 15 Hasemania nanna e dous Melanotaenia praecox.

                                                                                                                            SETEMBRO 2008.

11- Cambio parcial de agoa engadín tratamento contra o punto branco .
12- Morte de un Cyrtocara moorii . Vin crías de Melanochromis, Aulunocara e Labidochromis. Os peixes aínda  seguen rascándose
13-Votei o que faltaba do tratamento do punto branco . Vexo que seguen rascándose . Non sei que facer.
14- Completei o nivel do tanque .
Hoxe síntome moi triste , fóronse meus pais e o meu fillo Aarón . Fun a buscalos o dia 1 e fóronse hoxe . Aarón ten afición os peixes ,e a meu pai tamén lle gustaban.
¡ Extraños tanto ! ¡A miña nai!. Canto os quero .
16- Engadín carbón activo .
25- Limpeza do filtro FLUVAL 403 ,hai mais caudal de agoa .
28-. limpeza do filtro EHEIN 2017 . Vexo aletas comidas nos Hyphessobrycon serpae . Soó quedan 3 .
acuario .

                                                                      OUTUBRO 2008.

3- . PARÁMETROS QUÍMICOS:
NH3 <0´6mg.L.- NH4+.0´419 -NO2. <0´01 mg.L.
K.h.15º=150mg:L.=dKh. 8´4º -G.h. 20º=400mg.L.=22´4ºdGh.- P.h. 8º.
*soó noto algo mais baixo o K.h. O demais mantense todo igual.
Sigo sen entender o porque do valor residual dos nitritos e amonios. Penso que xa deberían estar a cero absoluto con un ano en funcionamento e dous motores .
Crías superviventes<6 Melanochromis auratus.< Labidochromis caeruleus. 1Aulunocara. 6< Archocentrus nigrofasciatus. E posiblemente haiga mais que non vin ou non contei
7- Limpeza  dos filtros por pouca circulación de agoa .
12- cambio de agoa . Un Cyrtocara morto.
14- Archocentrus nigrofasciatus volveron a ter unha posta . Fíxome gracia que non me dera conta antes . Soó o ver a agresividade do macho cara os demais peixes. Puxeron nunha pedra vertical
19- Cambio de agoa parcial 50% fáltame un Melanotaenia.
20- Comprei un ciclido en Almansa non sei que e . un simspillum ou un heros . Vexo enfermo. Resulta ser un Hypselecara coryphaenoides
23 -. Non vexo os Melanotaenia quizais foron devorados. Morreu un Neolamprologus br. Fora da agoa .

NOVEMBRO 2008

2-Cambio parcial da agoa.
3- Vexo 4 Hyphessobrycon pulchripinnis mortos. Penso que algo raro ten esta agoa.
11-Vexo algúns peixes coa respiración acelerada .Limpo os filtros.

Amatitlania (Archocentrus) nigrofasciatus
13- Os( Archocentrus) Amatitlania  nigrofasciatus puxeron outra vez. 
18-engadín SERA EKTOPUR a agoa . comprei 5 Otocinclus afinis . Os Archocentrus teñen alevins . vexo moitos caracoliños, terei que conseguir mais Botias .
20-Vexo os alevins dos Archocentrus . A verdade e que me enchen de ilusión . Hai tamén alevins de Labidochromis e de Melanochromis,soo quedan 2 crías de Aulunocara.
Non hai nin rastro  dos Otocinclus . Temome que foron devorados.
25- Tratei  o acuario con SERA BACTOPUR. O baleirar un filtro atopei dous Otocinclus e crías de Labidochromis  . vaciei os dous filtros de materia filtrante para un maior rendemento do tratamento  .
------------------

NADAL 2008.

Trichogaster leerii
   5- Trichogaster leerii macho morto. Miro a femia esta en moi malas condicións ,ten moitas feridas laterais. Sei que hai algo no meu acuario que non e saudable, pero non sei o que e.
8-. Archocentrus nigrofasciatus ,fixeron outra posta. Das anteriores postas non vin ningún superviviente .
16-. Comprei 4 ciclidos do lago Malawi ou Nyassa. Un e un Dimidiochromis compressiceps,un Haplochromis nigricans,un Haplochromis nubilis,ten as aletas de cor laranxa intenso e o corpo de cor gris plomo, e un Labidochromis vellicans.
17-. O Labidochromis vellicans morreu atrapado no filtro. Vin un Otocinclus affinis e varias crías de Labidochromis e un caranquexiño. Seguramente haberá mais pero eu so vin un duns 3 cm. Hai caracois por todolo acuario.
21. cambio de agoa e de decoración. Penso que houbo algunha baixa. Aínda que non sei quens nin cantos.
Procambarus clarkii
              24-. Soo voto en falta a os caranquexos.
28. están os dous caranquexos e o pequeno. Morreu un Gyrinocheilus e foi devorado por todos. Hai unha femia de Aulunocara coa freza na boca e multitude de Melanochromis e Labidochromis pequenos.

                                                                                                                                                              

2009

Xaneiro 2009.

6-. Cambio de agoa parcial.
12-. Limpeza do filtro Fluval.
14-. Ante a perdida total de caracidos po lo efecto do P.H. alto¿?. Dediqueime a observar os comportamentos agresivos. Chamoume a atención ,a pratica indiferenza dos adultos sobre as crías mais novas. Non así nos exemplares xovens que os persigen e acosan sen cesar dezmando as poboacións dos pequerrechos.
Non vexo rastro dos Otocinclus nin do caranquexo pequeno.
26-. comprei dous Tetraodon e dous ciclidos do lago Malawi sen identificar. O Hypselecara coryphaenoides tragou un tetraodon os poucos segundos vomitouno e en tres minutos morreu. Baixa do Hypselecara “amparo”.
29-. Observo que os peixes respiran aceleradamente. Mirei a agoa ,ten espuma por riba e cheiraba mal. Cambieille un 50%,esta a 27,4º. Añadinlle sal iodada 200gr.  Ou así. Creo que necesito algún produto anticloro. Os tetraodon están probando as caracolas. A ver si se animan e empezan a come los con saña. Iso espero,co esa intención os comprei.
31. un Cyrtocara moori morreu o saltar fora da agoa .
     O ano 2009 resultara ser un ano moi especial no que se refire o acuario , con moitos cambios inesperados este e un resumen anual seguimos co mes de febreiro:

                                                                                                                                             

 FEBREIRO 2009.

1-. Caranquexo morto.
3-. limpeza de filtros .
4-. Vin 3 Procambarus  clarkii crías. Perece que prometen.
Hai algo que non me convence no acuario. Solicitei unha analítica da agoa,esta saturada de sulfatos.
9-. Rompéuseme o filtro EHEIM. Terei que comprar outro.
14-. O filtro que queda vai tirando ven. Pero a agoa esta como espesa e turbia.
18-. Rompín o outro filtro . agora si que a fixen boa.
22-. arranxei o filtro Fluval ,e comencei a montar unha torre de canutillos. Realicei un cambio parcial de agoa.
Sen novedad nos peixes e nos caranquexos.
23-.fun o barranco da agoa a capturar comida viva. Pañei 6 caranquexos. Baixei a Villena comprei 4 paquetes de canutillos. Creo que vou a comprar a partir de agora nesta tenda por que son mais barato.
.25-. Morreu o pez globo. Retireino do acuario. Non sei como solucionar o puntoblanco. Creo que o Introduxen eu o traer alimento vivo.

MARZO 2009

Descripción: 100_0494.JPG1.Cambiei e cerrei a torre de canutillos. Cambiei a agoa por anoxia nos peixes. Sigo sen ver forza no motor do filtro.
3-. Morreu a caranquexa que collín fora da agoa. lastima que estaba chea de ovos. Montei outra vez a torre pusenlle unha entrada de agoa de 17mm. Teño a temperatura anormalmente alta,29ºC.
5-. Morreron case tódolos peixes;a totalidade dos Aulunocaras,2 Cyrtocara,1 Gyrinocheilus,tódolos Neolamprologus.
Retiro a torre creo que o adhesivo e altamente tóxico. Solventado o problema sigo co reconto das baixas; 1 Haplochromis nubilis, 1 Haplochromis fenestratus.
Soó vexo unha cría de Aulunocara viva.
7-. posiblemente nos mudemos de casa proximamente. Parece que todo volveu a normalidade.
8-. Cambio do80% da agoa por seguridad. Retirei un Gyrinocheilus aymonierii morto fora da agoa. Tiña como unha ferida na cabeza.
9-. Comprei 2 Aulunocaras ,tardei muito en chegar a casa e un deles chegou mui débil  .
10-. Morreu o Aulunocara mais débil ,queda a outra que resulta ser unha femia de Scyanochromis ou similar. De momento o acuario vai ben.
Scyanochromis ahlii
16-. Descubrín que o peixe que lle chamamos Loly e un Scyanochromis ahlii . cambio do 50%de agoa. Todo vai ben de momento.
17-. Fixen un cambio de horario na iluminación. Cairon as temperaturas do exterior . unha parexa de Archocentrus fixo unha posta de ovos.
23-. Comprei 2 Uarus aphiacanthoides.
29-. As dúas parexas de Archocentrus xa sacaron adiante os alevins. Volve a haber natalidad. Cambio de agoa do 50%.

ABRIL 2009

2.- Vaciei o acuario de pedras,son 84 L. de volume en total
4-. Enchín o volume restante
21-. Iniciei o cambio de emprazamento do acuario estresarei os peixes. A nova vivenda a onde imos  ten unha fonte con peixes de agoa fría.
Cambiei os peixes para unha urna pequena. Morreron 4 Labidochromis durante a captura.
30-. Trasladei a urna o cristaleiro para facerlle unha saída de desague. Aínda que o intentamos non puidemos soós. necesitei  unha plataforma para baixala do piso.

MAIO 2009

1-.contei 19 peixes na fonte.
2-. cambio de agoa 50% do acuario provisional. Morreu a Molly femia , morreu tamén un peixe da fonte .
10-. Cambiei a agoa da fonte.
11-. Instalacion de urxencia do acuario. Brais limpacristais no acuario pequeno,teño que cambiar os peixes.
Desaparición dos Hyphessobrycon pulchripinnis e dos caranquexos. Un Uaru aphiacanthoides perdeu os ollos,espero que se poida recuperar.
15-. Non vexo o peixe globo. O Uaru faleceu. Tras varios problemas cos motores por que no tiña caudal de agoa desmonteino e volvino a montar. O motor e o Fluval 403 ,pois o Eheim 2017 esta mui estragado. Po lo demais todo vai ben. O final non puiden facelo reconto dos peixes polas urxencias e demais motivos. Salvei un Archocentrus alevin de toda a posta.
Capacidad actual do acuario e de 774,656*L.de agoa.*menos 150L que corresponden as pedras e sustrato.
17-. Puxen a funcionar a torre e o filtro de area que fixen a agoa volveuse abrancuxada debe ser pola area en suspensión. En canto consiga o motor de 4000L.hora,isto ira como a seda.
24-. Decidín non medir mais os parámetros da agoa. Fixen un cambio parcial de agoa.
31-. Cambio parcial de agoa.

XUNIO 2009

6-. Cambio parcial da agoa 50%.
10-. Miro a posta de ovos dos Melanochromis auratus: o macho vibra o alrededor da femia esta pon os ovos e recólleos na boca intentando coller tamén a aleta anal do macho ou mordéndoa directamente, así estiveron media hora aproximadamente.
13. outra posta dos Archocentrus .
14-. Cambio de agoa .
21-. Teño dúas postas de Archocentrus. Cambio do 80% da agoa .
Ancistrus spp.

XULIO 2009

1-. Onte tiven que revisar o filtro. Hoxe conecteino e vai ben. Cambio de agoa de un 10%.
Hoxe voume de vacacións. E entereime que Loly a miña muller esta preñada súmaseme un mais a familia
9-. Cambio de agoa. Introduxen plantas collidas no río verdugo, unhas especies de leitugas de agoa e acideiras a ver si sobreviven. Vexo que os peixes están ben. Votei Lenma minor de agoa na fonte e os peixes cómenas.
16-. Comprei un macho e tres femias de Betta splendens e un plecostomus puntactus.
19-.o macho de Betta morreu o saltar do acuario. O plecostomus puntactus esta moribundo fago cambio de agoa 50%. Nin rastro das plantas,destrozaronas todas.

AGOSTO 2009

2-. Cambio de agoa do acuario 50%. Limpeza do tanque. O filtro de area esta inutilizado por deterioro do sellante e perde moita agoa. Tamén sellei o desague porque perdía agoa.
Non vexo o Betta encarnado, vin os dous Pterygoplichthys que eu pensaba que eran plecostomus,pero non. E nin rastro do plecostomus puntactus.
Uaru aphiacanthoides
10-. Hai mais crías de Archocentrus. 
14-. Hemichromis fan unha posta. O macho e as outras femias comen os ovos .descarto xa mais crías de Hemichromis.
24-. Cambio do 75% da agoa. Os peixes están empezando a medrar mais rápido,creo que e debido a introdución de camaróns na dieta

SETEMBRO 2009

2-. Cambio de agoa 50% ,de  momento todo vai ben.
6-. Foise Aarón, encargábase de darlle de comer os peixes .
11-. Non lle cambiei a agoa desde o dia 2 . decidín cambiarlla unha vez o mes. De momento so reencherei a que se evapore.
21-. Vin mais crías de Melanochromis.
Os loros Amazonas autunnalis puxeron vinlle tres ovos.
Morreu un Hemichromis .
27-. Fai días que no vexo a femia de Haplochromis nigrican, pero vin unha cría   .COPADICHROMIS femia¿? .

OUTUBRO 2009

1-. Cambiei o 30% da agoa, por agoa de chuvia de estes últimos días ten un P.H. mais ácido.
6-. Vou vixiando o comportamento dos amazonas . son dúas femias comportándose como unha parexa,comunícanse con sons casi imperceptibles.
26-. Limpezas de torre e filtro Fluval.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                    NOVENBRO 2009

2-. Cambio do 90% da agoa,limpo o verde dos cristais. Vin crías de Labidochromis ,Archocentrus,e Melanochromis. Sigo vendo ese  extrano efecto de recubrimento blaquecino dos peixes.
9-. Os peixes ráscanse muito. Non vexo ningún rastro das crías. Debéronas comer casi todas.
12-. Atopei morto o ultimo Aulunocara que tiña.

NADAL 2009.

2-. Cambio de agoa90%. sigue  todo igual sen novedad.
10-. Limpeza de filtros. Caeume o filtro Fluval 403 e rompéuseme.
16-. despois do arreglo do filtro,vexo que ten fugas. Os termocalentadores non quentan o suficiente debido o frío que fai.
17-. O motor ten fugas non son intensas pero son continuas.
29-. Morreu jose o macho alfa dos Melanochromis auratus.
31-. Morreu outro Melanochromis.
O balance xeral do ano foi a cantidade de incidencias, fracasos mortandad de peixes e o estraño malestar que teñen,están como leitosos y faltos de brillo e color durante todo o ano.

Ano 2010

XANEIRO 2010.

1-. Espero con axuda de deus da técnica e a miña incapacidad de resolver os problemas. Solucionar todo durante este ano.
7-. Cambio de agoa ,50%.
8-.operaron o meu fillo Yoel dos ouidos. Os peixes pasaron todo o dia coa luz acesa. Os Archocentrus volven a ter postas.
11-. Comprei 6 Scyanochromis e un Haplochromis nubilis. Preguntei porque están así os peixes. E por que non se adaptan a calidade da agoa .
14-. Dos Scyanochromis solo vexo 3. Volvín a por en funcionamento o filtro de area
22-. Fixen un filtro con estropallo branco e a resina purigen metino na torre. Non vexo os Scyanochromis .
30-. Vin 3 Scyanochromis . a agoa esta clara. Teño muito gasto eléctrico.

FEBREIRO 2010.

1-. Cambio 80% da agoa.
18-. Retirei 6 Labidochromis mortos do acuario. Os síntomas son enfraquecemento da barriga, dando a impresión de que a teñen chupada. E teñen como feridiñas polo corpo.
 21-. Naceu a miña filla Luz Divina , por fin.
Hai outro Labidochromis morto, subín a temperatura a 26ºC.  a ver si así melloran.
25-. Completei o que me falta de agoa. Entereime por unha reportaxe de Heiko Bleher de que os discos son mais vexetarianos que carnívoros. Un fallo que tiveron moitos criadores e aficionados. Probei a darlle agora vexetais os peixes,e coméronos bastante ben. Creo que a partir de hoxe voulles a modificar un pouco a dieta.
27-. Alimentei os peixes co detritos vexetais. A maioría aceptáronos de bo grado .
Observo nos Hericthys carpintis moita agresividade,pero o mesmo tempo como si se cortexaran déixanme perplexo. Están limpando as pedras, vibran mutuamente o alrededor un do outro. Estou case seguro  de que son machos,pero a súa actuación resúltame paradoxica. O Dimidiochromis esta medrando a bo ritmo e esta ganando en coloración. Os Archocentrus seguen coas súas postas periódicas.

MARZO 2010.

2-.    60% de cambio de agoa.
19-. Os nenos votáronlle demasiada comida os peixes. Veremos cantos morren estes días empachados. Suprimín o filtro de area por que rebentaron as xuntas .
20-. Cambio de agoa parcial do50%.  Non vexo baixas e semella que se recuperaron .
22.- . Non  houbo baixas no acuario .



Fixen unha modificación estética. Aproveitei un Scindapsus extendendolle as polas por riba da cuberta do acuario,por desgraza caeume o termómetro a agoa estragándose. Quedoume razoablemente ben. Creei uns bonsais con uns limoeiros de semente que trouxen da miña casa de Galicia.

                                                                                   ABRIL 2010

4-.   50% de cambio de agoa. Alimento os peixes con detritos vexetais, algas e alimento seco. Aproveito para regar cada vez que o vacio.
10-. Morreu o Uaru aphiacanthoides. Doume pena , agora que empezaba a aclimatarse.
O Ctenopoma kingsleyae e unha femia.
12-. Rompeuse o termómetro dixital , agora non sei a temperatura da agoa. Aproveito para a incubadora.
15-. Comprei un Nimbochromis e un Aulunocara eureka.
16-. Morreu o Aulunocara.
20-. Comprei e instalei o filtro Fluval FX 5. Teño que facer outro apaño.
27 -. Fun a lagoa da toconera  e recollín peixes ,son Gambussia holbroockii. Por deficiencias no transporte morreron mais da metade o 100% dos machos. tróuxenos de alimento vivo .
28 -. Debido a gran mortalidade das Gambussia, cambiei o 90% da agoa.
29-. Baixas do Scyanochromis ahli   e do Haplochromis nubilis, creo que foi por non tratar a agoa con anticloro, ou por embolia gaseosa.

MAIO 2010.

4-. Montei un tubo fluorescente de 58W. Comprei 2 Heros severun e un Cryptoheros sajica,(abreviatura de Salvador Jimenez canosa).
6-. Os loros teñen ovos outra vez . a ver si crían , dudo paréceme que son dúas femias .
12-. Encontrei o Haplochromis nubilis  momificado no chan. Limpei o filtro novo. Estaba ben pero quería ver o rendemento de limpeza .
13-. Morreu o Dimidiochromis compressiceps. Tal vez por non Añadin anticloro a agoa , ou por exceso de temperatura ¿?. Conmoveume a súa morte ,por que estaba espléndido e cheo de colorido . o peixe Daniel como lle chamaban os meus fillos.
16-. Completei o nivel de agoa do acuario. Os loros teñen 4 ovos. Voume de vacacions a Galicia .
26-. Cambio do50% da agoa. Limpei o filtro estaba colmatado e cheo de gambusias mortas . baixas dun Hemichromis turquesa e Melanochromis atrapados nunha gruta  

 Esta e a derradeira anotación do ano 2010, aínda que houbo mais acontecementos como a compra e morte de varios peixes,averias,e outros incidentes como a morte de yuli en Nadal ,dos Hericthys carpintis ,compras de Metriaclima zebra etc.

                                                                                          ANO 2011

Dende maio do 2010 hasta hoxe 9 de Febreiro 2011 estiben pasando todos estes datos no ordenador e agora retomo o control do acuario

FREBEIRO 2011.

9-. Onte comprei dous Cryptoheros sajica. Os taxonomistas estanme a dar mais faena da que pensaba cambiáronme  os  xéneros de algúns peixes  os Archocentrus pasaron a ser Cryptoheros logo Amatitlania,e agora os xéneros Archocentrus,Cryptoheros e Amatitlania resultan ser Hypsophris osea que follon. Co que me custou a min deixar de chamarlles ciclasomas. A ver en que queda todo este asunto.
15-. Agora encho o acuario con agua  corrente directa da billa xa non baleiro o tanque parcialmente, entra agoa fresca po-lo filtro e sae por o rebosadeiro. O P.h de hoxe e de 8º, están os peixes colgados teño 0´6 mg. De amoníaco.
As características da agoa según o laboratorio algodor- noblejas para aqualia son:














PARAMETROS
MEDIDAS
RESULTADOS
VALORES
Cobre
mg
<0’025
2’00
Cromo
m
<10
+50’0
Fluoruros
Mg
0`72
+ 1’50
Mercurio
m
<0`2
+1’0
Níquel
m
<10
+ 20
Nitratos
mg
<20
50’0
Nitritos
mg
<0’05
+ 0’10
Chumbo
m
<10
+ 25
Selenio
m
5’30
+10’0
Aluminio
m
<100
+200
Cloruros
mg
59’9
+250
Ferro
m
<25
+200
manganeso
m
<10
+ 50
Sodio
mg
22’8
+ 200
Calcio
mg
91

Alcalinidad
Mg/CaCO3
239

Dureza Ca.
mg
228

Suma de tóxicos
Mg
<0’5
+ 0’5


REINO
ANIMAL
PHILLUM
CORDADOS
CLASE
OSTEICTHICIOS
ORDEN
Caraciformes
Siluriformes
FAMILIA
subfamilia
characiidae
Loricariidae
Ancistrini
XENERO

Hyphessobrycon

Hassemania

Ancistrus

ESPECIE
serpae
pulchripinnis 
        
nanna
Sp. Spp.
FOTOS
                         



REINO
ANIMAL
PHILLUM
CORDADOS
CLASE
OSTEICTHICIOS
ORDEN
Siluriformes
cipryniformes
FAMILIA
Loricariidae
Cobitiidae
Subfamilia
hypoptopomatinae
hypostomini


XENERO

Otocinclus

hypostomus

Pterygoplichthys

Botia

ESPECIE
affinis
puntulatus
joselimaianus
macracantha





REINO
ANIMAL
PHILLUM
CORDADOS
CLASE
OSTEICTHICIOS
ORDEN
CIPRYNIFORMES
ciprynodontiformes
FAMILIA
Gyrinocheiliidae
poecilidae
Subfamilia




XENERO
Gyrinocheilus
Poecilia
poecilia
gambusia
ESPECIE
aymonierii
velifera
reticulata
hoolbruckii
FOTOS







REINO
ANIMAL
PHILLUM
CORDADOS
CLASE
OSTEICTHICIOS
ORDEN
PERCIFORMES
FAMILIA
Anabantiidae
Subfamilia
anabantoidei
belontidae
XENERO
Ctenopoma
Trychogaster
Macropodus
Betta
ESPECIE
kingsleyae
leerii
opercularis
splendens
FOTOS                     





REINO
ANIMAL
PHILLUM
CORDADOS
CLASE
OSTEICTHICIOS
ORDEN
PERCIFORMES
FAMILIA
Cichliidae
Subfamilia
Cichlasomatinae
XENERO
Amatitlania
Thoricthys
Hericthys
Hypselecara
ESPECIE
nigrofasciatus
meeckii
carpintis
coriaphaenoides
FOTOS











ORDEN
PERCIFORMES
FAMILIA
CICHLIIDAE
Subfamilia
cichlasomatinae
XENERO
Symphysodon
Cryptoheros
Heros
Cichlasoma

ESPECIE
haraldi
sajica
severun
salvini

FOTOS







Estes son os peixesque houbo no meu acuario ultimamente
Ordenados taxonomicamente hasta onde chegan os meus coñecementos.
16-. Morreu un Amatitlania antes(Archocentrus )Nigrofasciatus, macho. As feridas que presenta son o resultado das constantes peleas que teñen entre eles. Hai muitas crías deles. Tamén hainas de Labidochromis , soo vexo unha de Melanochromis. Custoume unha barbaridad facer estas tablas, esta claro que son un pouco negado.
18-. Intentei facer un espumador proteico non funciona como esperaba pero creo que sei cal e o problema, e sei coma solucionalo terei que facer uns buracos no tubo do espumador. Arranxareino cando teña o dia libre.
19-. Estou disfrutando da miña afición,mirando os animais movéndose as súas anchas. ¡ Isto e unha marabilla!.  
20-. Teño os peixes colgados da superficie o filtro esta cargado de sedimentos terei que limpalo.
22-. Limpei o filtro. Arranxei o espumador proteico, pero fáltame presión de aire na bomba polo tanto non fai as suficientes burbullas terei que mercar unha bomba nova mais potente. A que teño agora e unha TETRAtec APS 100  que as claras e insuficiente.
23-. Fun a buscar alimento vivo a toconera os peixes enchéronse a comer Gambusias .
24-. Como mataron mais das que comeron vinme obrigado a facer un cambio de agoa. Os peixes sigen colgados da superficie.
25-. Os loros déronme outra sorpresa teñen un ovo, sei que non e viable ¿``e si o fora ´´?.
Ante a morte de yuli, xuntei a tatiana, unha Amazonas autunnalis salvini, con Roxelio, un Eos bornea. Son dúas especies totalmente dispares.
Respecto os peixes sigan colgados da superficie. Teño os parámetros ben e estables e as bombas a pleno rendemento imos darlle tempo o tempo
26-. Por ser o dia da rutapa e o exceso de faena non teño tempo de atender os problemas do acuario. Mañán deus dirá.
Os loros teñen dous ovos. ¡ Non se o final vou descubrir la pólvora!. Un Gyrinocheilus aymonieri apareceu morto.

MARZO 2011

1-. Onte comprei unha bomba de aire EHEIM air pump 100 e desmontei o espumador proteico, en total non funcionaba e pusen o o difusor no fronte do acuario os peixes xa non están colgados ou suspendido da superficie. Os loros teñen outro ovo e van tres.
2-. Comprei pedras de limpar as pranchas de cociña unhas que imitan a pedras pómez,son brancas e parecen esponxas. Metina no filtro de sustrato de depuración biolóxica espero que funcione ben. Verei o resultado nos próximos días, pero penso que vai a ser un éxito.
Estou planteándome as posibilidades de aforrar enerxía , en principio puxen o temporizador dos quentadores a funcionar unha hora si unha non. O próximo paso vai ser iluminación solar ou por LED. Estes últimos son bastante caros ,{por agora para o meu bolsillo }.
4-. Co sistema de aforro de enerxía baixoume muito a temperatura do tanque. fíxenlle uns retoques a ver si así manteño mais a temperatura, mañan comprobareino. Non teño mais novidades por hoxe ,os peixes están ben. Os loros están pasando frío po la caída das temperaturas do exterior, terei que darlles alimentación mais enerxética.
5-. Adapteille outra pedra difusora de aire , e limpei a torre quiteille o carbón e voteille terra vexetal natural para inocularlle outra dose de bacterias nitrificantes, enturbouse a agoa.  
7-. Coa pedra pómez artificial branca, rompina en anacos de 1cm.  mais ou menos, como tiña aristas mui vivas fíxenas rodar sobre si ate redondealas. Pero tiven un erro o enche lo filtro, levaba muita carga de aréa e atascou o filtro. Limpeino e xa funciona ben.
En  principio o material non e tóxico para os peixes ,e eu penso que será un bo material para a filtración biolóxica.
Aulunocara gold,Haplochromis fenestratus,Neolamprologus brichardii e Scyanochromis ahli
9-. A agoa esta clara e limpa
 18-. Vin que os ovos eran estériles (os dos loros) . estou realizando un cambio de agoa do acuario. Arreglei a fonte por que este inverno unha garza comeu os peixes que había nela.
Teño unha femia que non sei que especie é. Estivo incubando. Teño a dubida de que sexa unha Labidochromis co manto raiado ou unha copadichromis. Co tempo sabereino.
O sustrato preparado por min estame a dar un resultado excelente.
20-. Comprobei que a femia anterior e Labidochromis. O Cichlasoma salvini parece que esta mal, aínda que pode ser a súa estratexia de caza facendo o morto ou que esta mal ferido. Tereino en observación.
21-. Limpei as esponxas do prefiltro. Que xa estaban atascadas.
24-. Cambiei a agoa é limpei o filtro. Os peixes están encantados. Despois de un ano xa non os vexo abrancuxados,teñen unhas cores espléndidas.  Por fin o consegín. Non era sen tempo.
30-. O termómetro esta estragado non marca a temperatura correcta a ver si o amaño. Non ten arranxo posible po la miña parte terei que comprar outro.

ABRIL 2011

1-. Aínda non arranxei o termómetro. Os animais están ben. Tatiana e Roxelio teñen un ovo volven a facer postas.
6-. Fun de vacacions a mallorca .
18-. cambio parcial da agoa . Hai multitude de crias novas de labidochromis e de melanochromis.
20-. decido ir a traballar a mallorca. Teño que deixar a familia en caudete . Os loros e os peixes
co que me custou chegar ate eiqui. E agora teño que renunciar a todo por problemas económicos. cousas da crise mundial.
30-. o dia esta chuvioso, realizo un cambio de agoa. O cichlasoma salvini esta flaco seguro que sera unha baixa proximamente.faltanme nove dias para abandonar todo isto.
                             

                                                                                                    OUTUBRO 2011

 Ben, estou a día 18 de outubro, do ano 2011. Por unha serie de infortunios que me acaeceron, estou nos derradeiros días, da miña estancia na illa de Mallorca. A falta de quince días, pra retornar a Caudete, e voltar a ver o meu acuario, que sufrirá unha nova mudanza. Pois cambiámonos outra vez de casa, co que iso conleva. A miña muller di que estan ben todolos peixes. E que teñen moitas crías novas. No video que me mandou mirei que abundaban os Labidochromis caeruleus. Penso ir relatando eiqui todo o proceso da mudanza.
22-. Morreu Rolph Hagen un importante membro de esta aficción que nos temos . Soo me queda darlle as gracias de forma póstuma po lo sua increible labor no mundo da alimentacion dos peixes e das aves e outros complementos para as nosas queridas mascotas . Que descanse en paz un gran amigo da nosa aficción.  GRACIAS POR TODOS LOS TEUS ESFORZOS ROLPH.
31-. Hoxe pasoume algo asombroso, enlacei, por facebook con Heiko Bleher. Todavía estou tremendo, da emoción. Non o acabo de creer. Xa non me sentirei sóo na miña afición. O que mais me sorprendeu, e que fala español e portugues.  Podo entendelo ben. Gracias a Deus do universo.

1 comentario:

  1. a dia 31 de octubre tuven contacto vía chat con Heiko bleher toda unha personalidade e autoridade no mundo da acuariofilia

    ResponderEliminar