2013 unha nova era vai comenzar

ANO 2013.

                                                                      XANEIRO

1-. O Cryptoheros sajica pereceu. motivos descoñecidos por agora. Non lle observei feridas. ¿morte natural tal vez?.
2-. Prestandolle atención vexo que os peixes estanse a rañar. cambio a agua.
3-. Acabei de encher o tanque. O Ctenopoma kingsleiale esta mui feble ten mucosa abundante na pel, con muito lixo pegado.
7-. Somentes conto 5 Hemichromis bimaculatus. Terei que limpa-lo filtro por que ten pouco caudal. Engadinlle sal o agoa por que vexo que se rascan alguns peixes. Desexo que non sexa punto branco. Pronto empezarei a engadir fotos de este ano, e as descripcións dos animais que tiven a posibilidad de coidar o largo da miña vida, neste noso blog. Para, que as persoas que me sigan atopen tamen os datos , e coñezcan a esperiencia persoal que eu vivin con eles , e eles conmigo.
14-. Outra vez. proximamente terei que realizar unha nova mudanza. Coa experiencia que xa acumulo de mudanzas esta vez deberia estar chupado. O que me fode das mudanzas e a mortandad de peixes que isto conleva.
19.- Xa teño o novo local, hoxe inicio o cambio de emplazamento do acuario. En breve comenzarei a desmontalo. Hoxe esta a facer moi mal tempo con muito vento e frio.
22-. Onte vaciei e desmontei o acuario, pesquei  os peixes. Trasladeinos o novo emplazamento.
hoxe montei os bloques da base e pusen a urna no seu sitio. Agora estou outra vez na calle del molino, nun novo restaurante. O retaurante Ventura, o meu novo proiecto e por suposto a miña aposta de futuro.
A montaxe do acuario, non e agora a miña prioridade, posto que agora teño que limpar e hixienizar o local, que se encontra nestes momentos nun estado lamentable. esperanos uns días de traballo mui duros, pero sairemos a diante. Xa colgarei imaxes novas de este proiecto que acabo de escomenzar.
 25.- Despois de dous días de arduo traballo montei o acuario outra vez. En total teño cen peixes, pero o mellor de todo e que soamente  tuven unha baixa, un Labidochromis caeruleos que estaba chosco .
Xa me queda por montar a iluminación.
29-. Teño problemas e dificultades para a montaxe da iluminación espero solventalo mañá.
30-.
CICLIDOS AFRICANOS Do LAGO MALAWI, OU NYASSA

O ACUARIO RECEN MONTADO

Un melanotaenia entre ciclidos africanos

Un aulunocara brillante

Situación no bar Ventura

Crispin curioseando o que estou a facer.

Espetacular

O tanque en todo o seu esplendor

Preparandose para disfrutar dos peixes ornamentais

Un ecosistema relaxante e fermoso
     Espero que vos guste este novo montaxe. Esperovos aqui  para que o disfrutedes entre pratos cheos de sabor.

                                                                              MARZO

12-. Hoxe fixen un cambio de agua e enchina con agua a 35ºC  por mor de evita-lo punto branco ( ichtyophiriasis). En principio semella que os peixes estan ben, pero como algúns exemplares se rañaban contra as decoracións perfiro evitalo.
Os parámetros quimicos anuales que teño son estes.
Ph. 8. dGh 27. Kh. 20. NH3 0´06. NO2 0´01.  Coido que esta ben.
13-.Despois da actuación no tanque d onte tiña as miñas dudas sobor da supervivencia de algun dos peixes. Non pasou nada as miñas preocupacions non estiveron xustificadas. O Ctenopoma kingsleyale non se sinte ben co uns oito anos de edade penso que é mui avanzada para un animal de estas características.

                                                                                   ABRIL

1-. O sistema ecoloxico e medioambiental do tanque esta totalmente estable.
                    
16-.hoxe e un día de aciago para o meu acuario. Despois de vivir e convivir coa miña familia por nove anos, e tras unha longa agonía de varios meses sen comer, con improvos esforzos po-la miña parte de que comera algo, ocurriu. Morreu Crispin un peixe que adquirin un ano antes do nacemento do meu fillo Yoel. o mesmo que lle puso o nome de Crispin teño medo de darlle a nova por que lle tiña muito cariño. agora esta conmigo no restaurante a miña filla Luz. E cando o extrain do tanque pusoxe a darlle agarimos, ainda que xa estaba morto. Con el dinme conta de que os peixes non teñen memoria e un mito. Crispin reconocianos a todos. e portabase ante cada un coa súa maneira particular. Sabía que eu lle daba de comer, sabia que Yoel xogaba con el, que Brais ll e gustaba xogar os escondites, e persegianse po-lo acuario. sabía que a Luz lle gustaba miralo e el luciase lentamente para ela para que o mirase a gusto. E hoxe estao a mirar emocionada por que o pode tocar. E dime que o volva a meter no acuario para que nade. intentolle explicar que morreu. e ela levame onda el e dime esta morto. ¡Ah ! ¿vos preguntadevos quen era Crispin? Era o Ctenopoma kingsleyale. D.E.P.

 17-. Como xa me temia Yoel chorou de pena durante o enterro de Crispín. Lembrandose de xogar con el cando era mais cativiño. Fixemoslle un enterro como se merecia o peixiño. Teño a pena de que non lle poiden conseguir nunca un Macho.
18-. Os loros amazonas seguen coa incubacion dos ovos. por si acaso eu non vou a intervir no proceso, si teñen polos que sexan eles quen os atendan.. 
O restaurante non me vai nada ben. xa non sabemos que facer para atraer xente a comer. a ver si mañan e mellor día.

                                       MAIO.

1.- Morreron nos últimos días uns labidochromis machos adultos. E parentemente sen motivos. Descubrin que un amatlitania macho os ataca sin cesar. Dandolle muitas embestidas sin ton ni son a todos los peixes. terei que estraelo do tanque. Debeu tolear.

                                   XUÑO

25-. Vendin o Scyanocrhomis, os Aulunocara, os Metriaclima callainos, os Cyrtocara, Metriaclima zebra. En total 15 individuos.  Morreu un Heros severum e un labidocrhomis. Estou a vender o meu acuario todo incluido por 800 €uros.  a ver si alguén se anima a comprarmo . Xa cerrei o bar. e teño que vender por que as finanzas non dan mais de si... E ESTES SON OS ULTIMOS CAPITULOS DE ESTA AFICCIÓN PO LA MIÑA PARTE. ACABOUSE PRA MIN. 

                                             XULIO

5-. Hoxe e o último dia do meu acuario, non o vendin. Pero teño que desmantelalo. Gostame muito esta afición pero non podo seguir `por mais tempo deixoó xa...
¡ Coclusion final. ! OS ACUARIOS DAN MALA SORTE. MUI MALA SORTE. GASTOS, DISGUSTOS, PROBLEMAS COA FAMILIA, INUNDACIONS, PERDIDAS DE PEIXES, URXENCIAS, DERROCHE DE DIÑEIRO. SUBIDAS IMPOSIBLES DA TARIFA ELÉCTRICA, DEDICARLLE UN TEMPO DE VIDA IMPORTANTE, PREOCUPACIONS, ETC.

                                                                              FIN ...

CEIBEI A TODOLOS PEIXES SUPERVIVENTES NO BARRANCO DA AGUA NA SERRA OLIVA. SUPOÑO QUE SOBREVIVIRAN ATE QUE CHEGUE O INVERNO. DESPOIS  DEUS DIRA...

1 comentario:

  1. Ya me queda menos para terminar de montar los últimos mini detalles que me faltan. pero esta mas bonito que nunca.

    ResponderEliminar